VOOS DIARIOS
En stock

VOOS DIARIOS

G. TRIGO, XOSÉ MANUEL

15,90 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1176-532-9
Páxinas:
124
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
15,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Dicía Gregorio Marañón —médico moi afeccionado ao xénero— que a lectura dun diario literario sempre inspira un diagnóstico freudiano: un autor edípico (“apaixonado pola súa nai”, dicía don Gregorio), un autor onanista (“apaixonado por si mesmo”), un autor con complexo de Peter Pan, un autor fetichista, narcisista… Por iso os diaristas ocultan con frecuencia o seu pecado. Tolstoi, por poñer un caso, agachaba o seu diario nun zapato vello. Xosé Manuel G. Trigo gardouno durante cincuenta anos nunha patela vella do seu avó mariñeiro, e agora que o doutor Marañón xa non está, atrévese a darnos a ler un anaco do seu diario.

Artículos relacionados