- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
- ISBN:
- 978-84-9121-687-2
- Páxinas:
- 80
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Cómics
WOLFRAM
ESPÍAS, NAZIS E MAQUIS
ALBERTO VARELA FERREIRO
1939, a Guerra Civil española remata pero un conflito moito máis grande está a piques de estoupar en Europa e no mundo, no que as novas tácticas e as novas armas van facer do volframio un mineral esencial e escaso no planeta.
W. C. Morgan é destinado á sucursal de The Anglo South American Bank Ltd. en Galicia. Pero baixo a identidade dun banqueiro agóchase un axente de intelixencia británico coa misión de controlar os movementos nazis na zona, contactar coa guerrilla e iniciar unha guerra comercial que dificulte todo o posible a subministración de volframio á Alemaña do Terceiro Reich.
Na viaxe coñece a Molly Morrison, unha intrépida axente norteamericana coa que vivirá moitas aventuras...