- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA, S.A.
- Ano de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-1176-002-7
- Páxinas:
- 56
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Dombate
XERACIÓN. BREVE TRATADO DE MALES INESPECIFICOS
PREMIO VICTORIANO TAIBO 2022
RODRIGUEZ GONZALEZ, JAVIER
Desencantada crónica dos anos de xuventude e retrato mordaz das doenzas da realidade social e cultural deste tempo, Xeración (breve tratado de males inespecíficos) é un repertorio de desafeccións, de recontos necesarios, de paixóns e militancias fenecidas. Unha proposta inconformista, alicerzada na liberdade creadora, que conxuga as imaxes irracionais e o ton elexíaco coa incesante presenza da ironía e do apuntamento satírico. Evocación da mocidade extraviada, mais tamén discurso poético que expresa inquedanza ante outras cuestións emerxentes, como o ensimesmamento tecnolóxico, a tentación narcisista e o adanismo revolucionario.