XOGO DE LETRAS
Consultar disponibilidade

XOGO DE LETRAS

RUBIO HERRERO, ANTONIO

16,00 €
IVE incluído
Consultar disponibilidade
Editorial:
KALANDRAKA EDITORA, S.L.
Ano de edición:
2026
ISBN:
978-84-1343-435-3
Páxinas:
30
Encadernación:
Otros
16,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Un achegamento lúdico, poético e creativo ao abecedario para estimular a imaxinación e a agudeza visual.
As 27 letras do abecedario son as protagonistas desta proposta para prelectores e primeiros lectores da man dos artífices da colección ‘Do berce á lúa’. Unha obra que dá un paso máis para presentar cada signo gráfico asociado a un obxecto que reproduce a súa forma a través de breves e divertidos textos rimados. Así, o A convértese nunha tenda india, o B nas ás dunha bolboreta, o C na lúa minguante, o D nunha tallada de sandía... Un achegamento lúdico, poético e creativo ao alfabeto inspirado nas greguerías de Ramón Gómez de la Serna; un xogo poético ideal para cantar e contar que estimula a atención e a imaxinación.
O formato en cartón duro, a letra maiúscula, as ilustracións recoñecibles sobre fondos claros e o sorprendente xogo de lapelas fan deste libro unhaobra perfecta para iniciarse na lectura. As súas dimensións, ideais para o manexo directo por parte dos máis pequenos e as pequenas, contribúentamén ao desenvolvemento das súas habilidades psicomotrices.

Artículos relacionados

Outros libros do autor