CONTA, SHEREZADE
En stock

CONTA, SHEREZADE

TORO, SUSO DE

18,50 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1110-653-5
Páxinas:
288
Encadernación:
Rústica
18,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Luz asiste a un curso de creación literaria e decátase de que descoñece a verdadeira historia da súa familia, da súa vida, polo que decide utilizar a escrita literaria para reconstruíla. A investigación e o proceso de documentación que leva a cabo para crear esa súa novela vital vaille ir desvelando datos e acontecementos que xa estaban aí e agardaban agochados e silenciosos nalgún lugar da memoria.
A reflexión sobre a literatura, o descubrimento de segredos familiares que proceden de tempos dunha guerra civil destrutiva a todos os niveis e a reconfiguración da propia identidade son os asuntos que se tratan en «Conta, Sherezade», unha novela que se vai construíndo mentres se le.
Suso de Toro sorpréndenos cunha historia en que a literatura se converte en protagonista da propia novela e nun medio para comprender a vida.

Artículos relacionados