- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
- Ano de edición:
- 1997
- ISBN:
- 978-84-8302-099-9
- Páxinas:
- 112
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Os libros do Centro Dramático Galego
UNHA ROSA É UNHA ROSA
UNHA COMEDIA DE MEDO
TORO, SUSO DE
Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo) é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herencia en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta. A vella Rosa é seguidora na televisión dos telefilmes do detective tenente Colombo, do que sabemos da súa ascendencia galega. A morte da vella Rosa, en extrañas circunstancias, desencadeará unha divertidísima trama de enredo, parodia da ambición desmedida da sociedade actual, que remate cunha inevitable hecatombe tráxica.
Os diálogos chispeantes, a presencia da sociedade mediática actual (concibida como un diálogo permanente coa televisión), e a crítica máis mordaz á sociedade da "comodidade e da ambición" fan desta traxicomedia de Suso de Toro unha lectura absolutamente recomendable.