- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA, S.A.
- Ano de edición:
- 2006
- ISBN:
- 978-84-8288-892-7
- Páxinas:
- 500
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Memoria
MEMORIA DE POETA
ÁLVAREZ CÁCCAMO, XOSÉ MARÍA
Xosé María Álvarez Cáccamo, unha das voces senlleiras da poesía galega contemporánea, sen cuestionar que realmente a obra poética dun autor é a súa verdadeira memoria, escribe estoutra memoria posible. Literatura e vida comparten espazo en Memoria de poeta: a infancia e o mundo dos escritores amigos da familia, a primeira escrita febril e os anos universitarios, o oficio de poeta e o compromiso coa lingua, a enerxía do amor e a preocupación social. Da década de 1960 ao movemento Nunca Máis, unha época fundamental é relatada desde a experiencia do poeta e do home.