MINIATURAS E OUTRAS DIMENSIÓNS
En stock

MINIATURAS E OUTRAS DIMENSIÓNS

ALVAREZ CACCAMO, XOSE MARIA

16,50 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Ano de edición:
2026
ISBN:
978-84-1176-616-6
Páxinas:
136
Encadernación:
Rústica
16,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das “Miniaturas” contrastan cos máis extensos do apartado “Outras dimensións”. O tempo comprimido das “Miniaturas” expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida historia dun teimoso dinosauro inextinguible.
Reincidentes pesadelos sufridos polo autor transformáronse no discurso das “Outras dimensións”, termo que fai referencia tanto á maior extensión dos relatos como á perspectiva onírica que os dirixe e que quere transmitir, por exemplo, a angustia provocada polo hábito da impuntualidade incontrolable —que o autor non practica, aínda que a sufra en soños—, pola obriga de regresar ás aulas da universidade como estudante ou ás do instituto como profesor en tempos de pletórico estado de xubilación.

Artículos relacionados

Outros libros do autor