- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
- Ano de edición:
- 2008
- ISBN:
- 978-84-9782-850-5
- Páxinas:
- 296
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Crónica
OS GROUCHOS
RIVAS, MANUEL
Este libro convoca a unha odisea librepensadora, a unha ecoloxía da liberdade, que ten como porto de partida a Galicia de hoxe, entendida como un local universal, o país portátil, unha identidade sen paredes. Os Grouchos son un urdido de literatura e heterodoxia. Unha denuncia contra os vellos e novos muros de silencio, mais tamén unha viaxe á procura das faíscas da esperanza das que falou Walter Benjamín. Manuel O ´Rivas reivindica, na modernidade, a ollada do home rebelde de Camus. E na tradición lendaria, o espírito dos trasnos meniñeiros, os seres invisíbeis que transmiten a herdanza do saber rir. O resultado é un libro que morde contra a estupidez, como pedía Kafka, e que abre os cadeados coa chave do humor. Ler Os Grouchos? O autor cita un proverbio popular: Quen lle teña medo ao mar que non embarque!